6 de dec. de 2013

Esto non é porno... é HBO!

Non é porno, non!, é un spot de apenas dous minutos, onde se amosa a varios aspirantes a estrelas de Hollywood, contando aos seus coñecidos que conseguiron un maravilloso papel na industria. Pero, segundo ofrecen a descrición das esceas, seus ointes van desfigurando as súas facianas, crendo que participarán nun film pornográfico, até que se enteran que se trata para a canle de TV por cable , o arte feito televisión.
O spot benefíciase de que os Emmy están á volta da esquina e finxe ao final formar parte da campaña do canal, anunciando que se trata do canle con 108 nominacións nos premios.


Video: You Tube [. mp4 • 9'2 Mb]


A broma até recibiu o beneplácito do director executivo da HBO Richard Plepler, que non só reconoceu que rríuse senon que aproveitou para tirar piropos ao seu neno mimado.
Se saes en «Saturday Night Live» ou te parodian en Facebook é que formas parte do panorama cultural

O spot está producido e dirixido por , baseado nunha historia escrita por Zach Lewis e Jim Mahoney.



24 de out. de 2013

Axuda ao planeta, faite cidadán do Ártico!

O Ártico derritese e dél depende en boa parte o noso futuro, o futuro e o clima do noso planeta. Por eso, a razón polo que a organización Greenpeace pide que se declare santuario protexido ao polo norte, é xusto, pois na medida que acadaron fai 20 anos na Antártida, o camiño para conseguilo nunca será un camiño de rosas, é duro, polos intereses económicos creados baixo o xeo.

A tripulacións do buque de Greenpeace «Arctic Sunrise»

Así, desde o 20 de setembro toda a tripulación do mítico barco de Greenpeace «Arctic Sunrise» está no cárcere en Rusia, por ter realizado unha acción pacífica para pedir pola protección do Ártico; quizais o feito que na Rusia de Putin, metan a alguen na cárcere por loitar polo medio ambiente ou polos dereitos humanos non é sorprendente, pero si que o é, que 30 persoas arrisquen defender o Ártico, ainda a pesares de coñecer que poideran acabar con os seus osos entre rexas; porén agora precisan da nosa axuda, a organización necesita facer unha campaña global, que intercedas por eles, para que se decate o goberno Ruso que non están sós! agora é momento, que os apoies e asines a petición, e que difundas esta campaña global.


Salvemos o Ártico!
Campaña mundial #FreeTheArctic30

É urxente! Non te quedes de brazos cruzados, esixe ao Embaixador Ruso do noso país que interceda pola liberación de todas/os detidos, e que non permita que as petroleiras destrúan o Ártico, asina e difunde a campaña, está na túa man, nos teus dedos, a golpe de rato, é ben doado!
 

4 de set. de 2013

O fareiro Malgorne

© Jean Guichard - Faro de "La Jument"
© Jean Guichard - Faro de «La Jument»

Está é unha das fotos mais coñecidas de Jean Guichard coa que quedou finalista do World Press Photo (1989). O día no que tirou dita imaxe, un gran temporal asolaba a costa, e Jean Guichard achégouse co helicóptero da súa equipa ao faro La Jument, preto da illa de Ouessant.

O fareiro Theodore Malgorne estaba moi asustado ese día, xa que o temporal era dos peores que vira na súa vida, as ondas destrozaran as fiestras do primeiro andar e inundaran o soto. A situación, como podedes imaxinar, era moi perigosa e de feito, chamara a garda costeira para que o sacaran de alí. Ao escoitar o helicóptero do fotógrafo, pensou que eran os servizos de rescate e baixou correndo, abriu a porta do faro e a piques estivo de morrer asobaiado pola onda que rompía nese intre contra o faro.

Nese preciso instante en que Jean Guichard tirou a súa serie mais famosa de fotografías e o fareiro Malgorne, por puro instinto, voltou a meterse dentro, co que salvou a súa vida.


A illa de Ouessant, no nordés de Francia, é unha zona escarpada e moi perigosa, con mal tempo durante case todo o ano. En xuño de 1986 o naufraxio do barco a vapor «Castelo de Drummond» provocou a morte de preto 250 persoas. Para facer unha navegación máis segura se construiu o faro «La Jument» en 1904, sobre unha rocha do mesmo nome, a 300 metros da illa.



 
 

23 de xul. de 2013

Esto si é música… Quen é o guapo/a que o discute!

Hoxe queremos lembrar a Queen e a súa celebérrima "Bohemian Rhapsody", para o cal os poñemos en antecedentes sobre dita peza... Scaramouche (Scaramouch) é unha novela do escritor Rafael Sabatini (1875-1950), publicada en 1921. Ambiéntase na Francia revolucionaria do século XVIII. "Bohemian Rhapsody" (ou "Rapsodia bohemia") é unha canción escrita por Freddie Mercury para o seu álbum de 1975 "A Night at the Opera" e amosa unha estrutura inusual, mais semellante a unha rapsodia clásica que á música popular. A canción non posee estribillo e consiste en seis seccións: unha introducción a capela, unha balada, un só de guitarra, un segmento operístico, unha sección de rock e unha coda que retoma o tempo e a tonalidade da balada introductoria. O só de guitarra desta canción é considerado o vixésimo mellor de todolos tempos. Cando se puso á venda como single, "Bohemian Rhapsody" foi un éxito comercial apabullante, permaescendo no cumio das listaxes británicas perante nove semanas. Acadou alí o posto número un, outra vez, en 1991, tras o pasamento de Freddie Mercury. En total, tivo mais de 2 millóns en ventas, sendo o tercer single con maior cantidade de ventas de todolos tempos. En "Bohemian Rhapsody", Freddie Mercury, Roger Taylor e Brian May utilizan as suas voces; cantando medio, agudo e grave, respectivamente. May toca a guitarra; Taylor, a batería, os timbales e o gong; e John Deacon, o baixo eléctrico. Segundo diversas interpretacións, esta canción amosa a homosexualidade do seu autor, Mercury, que se preparaba para deixar a sua noiva Mary Austin e conquerir unha parella masculina. Outras versións afirman que a canción revelaba que padecía o SIDA, (o que é incorrecto xa que él contraxo a enfermedade anos despois). Pois que disfrutedes, dunha das mellores pezas musicais do século XX, irrepetible Freddie Mercury.

Vídeo: You Tube